Velaquí temos un exemplo de escenificación de galeguismo empresarial nos Estaleiros Barreras. Naquela xornada a lingua galega vestíuse de prestixio social como moi poucas veces. Paralizouse a actividade laboral en dúas ocasións para que empresarios, obreiros e outros axentes da galeguización participasen conxuntamente nun fito esperanzador para a nosa lingua como nunha houbera na historia de Galicia.