Encontro en San Estebo de Rivas do Sil

    Encontro en San Estebo de Rivas do Sil - 28/05/2006 Foro Peinador

    Un dos primeiros encontros do Foro Peinador con empresarios celebrouse no mosteiro de Santo Estevo de Rivas do Sil o 28 de maio de 2006. A concorrida presenza de directivos empresariais no debate do texto da Declaración “Economía e Identidade” foi un dunha grande riqueza nas aportacións. Nesa Declaración o Foro Peinador recolle o ideario que guía as súas actuacións, os programas e propostas que fai para os distintos sectores económicos e os obxectivos que pretende co seu traballo. Na xuntanza estiveron presentes directivos do Igape, da Compañía Radiotelevisión Galega, do Inorde e outros organismos oficiais encargados da planificación económica do Goberno Galego.

    Previous articleEncontro do Foro Peinador
    Next articleForo Economía e Identidade celebrado na Toxa