Encontro en Lestrove

    Encontro en Lestrove - Foro Peinador 30/04/2010

    O Foro E. Peinador celebrou outro Econtro con empresarios para animalos a incorporar a lingua galega nos usos comerciais.
    Acudiron a esta nova cita: José A. Casais, presidente de FEIRACO, José Manuel Chousa, director xeral de INGAPAN, José Otero, director xeral do GRUPO POUSADAS DE COMPOSTELA, Mario Cardama, director xeral de “Astillero y Varadero Cardama”, Jorge Lamdeira, director de Carbónicas Landeira, Gerardo García Albela, director xeral de ITELSIS,Juan José Jaén, presidente de BRICOKING, Francisco Novoa, director xeral de GRUPO ACADEMIA POSTAL, Casián García, director xeral de CELTIC ESTORES, Anibal Blanco, director de “Anibal Blanco,S.L”, Francisco Teira, director de BENBOA, Manuel Rial, presidente de SEGURIDADE A1, Montserrat Maceira, directora de GRANITOS MACEIRAS
    Estiveron presentes tamén, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lourenzo, o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela García, e Benigno Sánchez García, inspector de traballo e membro do Foro E.Peinador.
    Tódolos participantes manifestaron o seu apoio ás propostas do Foro E. Peinador, que incluían un amplo catálogos de medidas para garantirlle á lingua galega maior presenza nas páxinas web, etiquetaxe, rotulación interior dos centros fabrís, publicidade, relación coas institucións públicas e provedores, e nas relacións laborais (nóminas do persoal e convenios colectivos).
    Tódolos presentes subscribiron as teses do Foro que considera que a lingua galega é un factor de cohesión da empresa cos traballadores e consumidores, ao tempo que reforza a imaxe corporativa e comercial dos produtos nos mercados mesmo internacionais. Neste sentido fíxose fincapé dos avances acadados no sector vinícola onde máis de cento setenta adegas galegas etiquetan xa os seus envases na nosa lingua; unha mostra de cómo os nosos produtos poden estar presentes nos mercados internacionais falando a súa lingua, sen que iso supoña ningunha limitación, seguindo o exemplo dos coñacs, do whisky, ou produtos cosméticos que utilizan a súa lingua de orixe nos envases.
    O Foro E. Peinador iniciará proximamente actos nas empresas referenciadas para dar a coñecer o seu progresivo compromiso coa lingua, facendo copartícipes aos seus traballadores, e asinando convenios de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que se encargará de fornecer de medios informáticos (tradutores, correctores,etc.) ás unidades administrativas e xerenciais das mesmas, estudándose a posibilidade dalgúns métodos de capacitación lingüística do persoal.
    Os empresarios participantes foron informados da próxima sinatura dun convenio coa Universidade da Coruña para celebrar unhas xornadas sobre “investigación e empresa” coa gallo do 110 aniversario do nacemento do intelectual galeguista, investigador e empresario, Isidro Parga Pondal.
    O Foro E. Peinador está a preparar campaña de publicidades para sensibilizar aos consumidores na preferenza polos produtos etiquetados en galego, e para estimular a inclusións nos textos dos convenios colectivos as cláusulas dos dereitos lingüísticos, aprobados no seu día polo Consello Galego de Relacións Laborais.

    Previous articleEncontro en Lestrove
    Next articleEncontro en Lestrove