Encontro en Lestrove

    Poucas dúbidas hai sobre a eficacia do labor desenvolvido polo Foro E. Peinador. Grazas a el empresas como o Estaleiros Barreras e o Clúster do Naval, coa potencialidade que teñen no sector e na economía de Galicia, esceneficaron publicamente as súas intencións galeguizadoras. Saben os membros do Foro E. Peinador que nunha actividade tan cambiante como é a empresarial hai que estar redobrando esforzos e botando man da imaxinación para non perder pé nun ámbito sempre tan afastado da cultura galega. Gañar adeptos, influír confianza e facer propostas novidosas para que as adhesións sexan reais e eficaces, son os medios dos que dispoñemos para ese titánico labor.

    Previous articleEncontro en Lestrove
    Next articleEncontros do Foro