El Correo Gallego – Melide busca impulsar o uso da lingua galega no ámbito funerario

O Concello de Melide presentou a campaña de normalización lingüística Melide agora e sempre en galego. A iniciativa, en colaboración coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, procura impulsar o uso da lingua no ámbito funerario: dende os actos fúnebres ás necrolóxicas, pasando polas derradeiras vontades ou as placas mortuorias. Trátase de que o galego teña unha presenza neste ámbito coherente co uso maioritario que a veciñanza melidá fai decote da lingua propia de Galicia.

Dentro desta campaña, o Concello asinou un documento coas funerarias, marmorarías e florarías da localidade para promover os servizos en galego por parte destes negocios. O rexedor, José Manuel Pérez, lamentou que hoxe só unha de cada 1.000 lápidas en Galicia “son redactadas en galego, e apenas o 2 % das necrolóxicas”, dixo. Agradeceu a implicación das empresas do sector. C.E.

Previous articleLa Voz de Galicia – Melide quere tamén galego na «parroquia de mortos»
Next articleLa Voz de Galicia – Propoñen un monumento funerario novo en galego para Manuel Murguía