Día da Restauración da Memoria Lingüística Lira (Salvaterra de Miño)

O pasado día 16 de novembro celebramos na igrexa de San Simón e no camposanto da parroquia de Lira un acto que, no dicir dos veciños, non houbo outro na historia da comunidade parroquial. A igrexa encheuse de xente, quedando algunha outra fóra, no adro, por mor do pouco aforo do templo. Xosé González, da AFNLG ampliou o argumentario con referencias á necesaria harmonización da paisaxe parroquial e os seus espazos humanos, incluído o cemiterio onde está depositada a memoria parroquial. “A galeguidade sebre abranxer todos os recantos das parroquias, labrando a cadabullo cada metro cadrado para que nada se descoide”, afirmou.

 
Xerardo Fernández, musicólogo e voz do grupo musical “Xistra de Coruxo”, deu a coñecer a biografía abreviada do gaiteiro Luís Soutullo Iglesias “o gaiteiro de Lira”, a quen se homenaxeou da mellor maneira que se pode facer: substituindo a súa lápida con outra con epitafio en galego acaído á persoa que agrandou e trasnmitíu o patrimonio musical galego ás novas xeracións. Neste apartado musical cómpre salientar ao grupo de pandereteiros e pandereteiras “Mistura” dirixidos polo crego Clodomiro que tocaron e cantaron varias pezas na celebración. 

A Alcaldesa de Salvaterra do Miño, Marta Valcárcel, pechou o acto con emocionadas palabras dirixidas aos veciños por participaren tan masivamente na homenaxe a unha figura senlleira da parroquia. 

 
Fóra, no adro, descubreuse unha placa recordando o legado histórico que deixaron os veciños e veciñas falecidas. Xa no camposanto, descubríuse a nova lápida co epitafio en galego recordando ao gaiteiro de Lira e a súa dona e con emotivas palabras do fillo do gaiteiro e da súa nora, Esther rematouse un acto de inequívoca galeguidade. 

Previous articleLa Voz de Galicia – Dalgúns ovos de serpe do galego
Next articleO Barbanza – Lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella