COUTO MIXTO, terra do pensamento transfronteirizo

O próximo ano celebrarase o 150 aniversario da lei de lindes entre España e Portugal que afectou á fronteira galega co país veciño. Para entón a Asociación de Amigos do Couto Mixto prepara un programa de actividades  dedicadas ao estudo da problemática global de toda a liña fronteiriza, seca e húmida.  Sen máis pretensións que a de aportar coñecemento histórico e formular propostas para o futuro no espazo da eurorrexión coa colaboración dun equipo interdisciplinar. Trabállase nun programa de xornadas, seminarios e encontros a distintos niveis. O Couto Mixto Mixto volverá a ser noticia como o está a ser esta semana na Universidade de Alcalá de Henares co gallo da celebración do “Congreso Internacional Fronteira hispano-portuguesa: pessoas, povos e palavras”, no que participa a profesora e antropólogo Paula Godinho, Xuíza Honoraria do Couto Mixto, que leu un relatorio sobre a entidade territorial máis singular da fronteira galego-portuguesa.

Couto Mixto

Tamén foi noticia o Couto Mixto no Parlament de CAtalunya. O deputado do PSC, Mario García, galego con casa aberta e fume en Randín, tivo unha intervención para defender unha iniciativa parlamentaria de recoñecemento oficial do Couto Mixto. A súa disertación fíxoo como é obvio en catalán, pero rematouna falando en galego, no que puidemos apreciar unha fonética e  léxico propios da súa terra arraina.

Parabéns a Paula Godinho e a Mario García, por esa feliz coincidencia no tempo, de falaren e divulgaren o Couto Mixto en ámbitos insprescindibles para a internacionalización do coñecemento histórico da primeira república  que elixía aos seus gobernantes por sufraxio universal en tempos do absolutismo medieval.

Previous articleFaro de Vigo – A Festa da Coca
Next articleGalicia Confidencial – Novos xuíces honorarios do Couto Mixto