Consello da Cultura Galega – O FORO ENRIQUE PEINADOR PON EN VALOR A GALEGUIZACIÓN DE EMBUTIDOS LALINENSE

O Foro Enrique Peinador celebrará este ano o Día da Galeguidade Empresarial o vindeiro 25 de maio de 2024, ás 12:00 h, en Agruchave (Lalín), na sede de Embutidos Lalinense, co obxectivo de conmemorar o 75 aniversario da creación desta empresa e poñer en valor a súa aposta pola galeguización da actividade empresarial e da etiquetaxe dos seus produtos.

O Día da Galeguidade Empresarial é unha conmemoración anual instaurada polo Foro Enrique Peinador para recoñecer publicamente a empresas que apostaron polo uso da lingua galega nas súas actividades. Na páxina do colectivo Galeguizar Galicia podes obter máis información sobre esta conmemoración durante os últimos anos.

Embutidos Lalinense
Previous articleEixoAtlantico – Mil Festas máis para a Lingua Galega.
Next articleEl Progreso – Embutidos Lalinense, exemplo de galeguización empresarial