Cunha introdución musical do grupo ARS ANTERGA comezou o acto de entrega dos premios Bacelos de Prata en Esposende. O etnógrafo, Clodio González Pérez, nunha intervención cargada de referencias históricas á viticultura galega fixo fincapé na importancia da galeguización dos viños, que foi seguida da proxección do video promocional a prol da campaña do consumo responsable e solidario coas marcas etiquetadas en lingua galega.