Xosé Velo, sempre no recordo.

    Cando se cumpríu o centenario do nacemento de Xosé Velo Mosquera no ano 2016 a Fundación Lois Peña Novo fixo un acto de recuperación da súa memoria en Vigo, cidade na que vivíu e mantivo aberta unha academia de ensino na rúa Camelias, preto da Praza de América. Na placa de bronce recórdase a súa figura como “escritor, un home de acción, que amaba a humanidade e por ela vivíu con paixón, que soñou e loitou por unha Galicia dona de seu nunha Federación Ibérica de nacións”. Un grupo de persoas entre as que se encontraban o Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez; o presidente da Fundación Lois Peña Novo, D. Xosé González Martínez, familiares, biógrafo de Xosé Velo e amigos que quixeron recordar a tan insigne galego. 

    Previous articleA LINGUA NO PADAL
    Next articleDO NOSO MELLOR EN GALEGO, Mondariz