A Irmandade Xurídica Galega recordou ao profesor Lois Tobío cunha placa conmemorativa colocada na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia, antigamente de Dereito, onde impartíu clases. Seguidamente no Pazo de Raxoi o alcalde de Santiago de Compostela, D. Martiño Noriega, recibíu a unha delegación da IXUGA que lle entregou unha proposta para encabecezar un chamamento a todos os concellos galegos, coa finalidade de galeguizaren as asesorías xurídicas. Xa no salón nobre do Pazo de Fonseca desenvolveuse a VIII Asemblea da Irmandade Xurídica Galega na que ingresaron novos irmandiños e irmandiñas. A maxistrada Dª. Sandra Piñeiro Vilas recordou o fito histórico protagonizado polo profesor Lois Tobío que impartíu un curso en lingua galega nesa facultade.