V Asemblea da IRGADE

    Coas badaladas de fondo da Berenguela comezou ás doce da mañá do pasado día 23 de xullo no Hostal dos Reis Católicos a celebración do acto para a sinatura da Carta do Consumo Responsable e Solidario coas marcas que etiquetan en lingua galega, convocado polo Foro E.Peinador e Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros. Unha ampla representación de empresarios do sector agroalimentario e alcaldes, entre os que se atopaban os das grandes cidades, participaron na que xa podemos denominar histórica confluenza para ampliar o número de consumidores que fagan viables as nosas explotacións e industrias de transformación agroalimentarias. Non é a primeira vez que se celebra un acto desta natureza. Con anterioridade foi o Parlamento de Galicia o que manifestou o seu apoio ás marcas comerciais que incorporaron a lingua galega na súa etiquetaxe. Pero tamén houbo outros nos que os protagonistas foron sindicatos e partidos políticos, ou entidades asociativas. Con estas accións quérese chamar a atención dos consumidores galegos para que asuman o papel que lles corresponde no mantemento do sector agroalimentarios, as súas industrias de transformación e fomento da lingua galega na etiquetaxe. Para eso é necesario que os galegos e galegas modifiquemos os hábitos de consumo, sendo máis responsables nese exercicio cotiá.

    Previous articlePRESTIXIAR A LINGUA, FACER PAÍS
    Next articleDía da Restauración da Memoria Lingüística en Ponteareas

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here