Sinatura Convenio Celtic Estores

    Como tódolos demais actos celebrados con anterioridade e promovidos polo Foro Peinador, o de Celtic Estores simboliza un novo reencontro da economía coa identidade cultural de Galicia.
    En Moraña, o pasado día 5 de novembro, Celtic Estores celebrou o seu acto de investidura de galeguidade empresarial. Participou nel a dirección da empresa co seu director-xerente ao fronte, as traballadoras e traballadores, un numeroso grupo de empresarios do Foro E. Peinador e outros invitados que foron testemuñas directas do compromiso de apoiar o uso da lingua galega no ámbito da empresa.
    Como tódolos demais actos celebrados con anterioridade e promovidos polo Foro Peinador, o de Celtic Estores simboliza un novo reencontro da economía coa identidade cultural de Galicia. A súa escenificación, facendo copartícipes a todos os membros da empresa como activo máis importante da mesma, forma parte xa do ronsel de adhesións empresariais ao chamamento ininterrompido de apoio para que os axentes activos da economía galega incorporen á xestión dos seus negocios a lingua galega.
    D. Xosé Manuel Ortigueira, director financieiro de Xesgalicia e membro do Foro Peinador, foi presentando aos distintos intervintes do acto; D. Casián García; D. Carlos Varela García, Fiscal Superior de Galicia; D. Xosé González Martínez , presidente do Foro Peinador e o Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Anxo Lorenzo.
    Posteriormente procedeuse á sinatura dun convenio de colaboración entre a S.X.P.L. e Celtic Estores que recolle os compromisos de estender o uso da lingua galega no ámbito da empresa: nóminas, sinalética interna, convenio colectivo, etc…. e o da Secretaría Xeral de Política Lingüística de fornecer de ferramentas informáticas aos servizos administrativos da empresa para que contribúan á normalización lingüística dos distintos departamentos de Celtic Estores e Vertifil, outra empresa do grupo tamén con sede en Moraña.
    As traballadoras e traballadores seguiron con atención o desenvolvemento do acto e participaron da palabra e da música que estivo a cargo do grupo de música Deva.

    Previous articlePresentación “En Galego agora e sempre” 2010
    Next articleSeminario sobre o patrimonio cultural de Galicia

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here