En 1995 o Parlamento de Galicia aprobou a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. Pasados estes anos veuse que este texto legal non recolle o inmenso e variado acervo cultural galego. O baleiro legal que provoca unha lei, por veces indefinida, por veces ignorante dunha realidade que ten nos movementos culturais os seus valedores, obra a unha revisión da mesma. Os grupos parlamentarios e o propio Goberno galego son conscientes da necesidade de redactar outra que sexa precisa e máis decidida á hora de manifestar medidas de fomento. Isto suporá un reparto de responsabilidades entre tódaslas administracións, nomeadamente as locais, que son as que custodian, ben ou mal, ese patrimonio cultural.
A Fundación L. Peña Novo e a Asociación Álvaro das Casas quixeron intervir no proceso do debate, aberto xa, para facerlle chegar aos grupos parlamentarios propostas que contribúan á articulación dunha nova Lei. Para tal finalidade foron quenes de convocar para o debate, na Casa do Concello de Mondariz-Balneario, a coñecidos expertos en cadanseu ámbito de competencias, debullando o estado actual no que atopa a nosa cultura e as medidas que ao seu xuízo se deberan tomar para preservar a súa protección.
Tódolos relatores coincidiron na constatación das grandes transformacións demográficas que se están a producir en Galicia que están a determinar cambios e hábitos culturais na poboación. A presión demográfica e a mobilidade poboacional que se traslada do interior á costa, fai que os concellos desta franxa xeográfica soporten o 56% da concentración de habitantes. Despobóase o rural e o seu patrimonio queda indefenso. As políticas culturais dos concellos adoitan prestarlle pouca atención e apoio á tradición oral, que viaxa no maxín das nosas xentes que procuran nas cidades espazos para melloraren a súa calidade de vida.
O Seminario levouse a cabo en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, que estivo representada polo seu vicepresidente, D. José Juan Durán, e co concello de Mondariz-Balneario, representado polo seu alcalde, D. José Antonio Lorenzo.
O Seminario estivo organizado do seguinte xeito:
10:00 horas
PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO
D. Fernando Acuña Castroviejo
(Catedrático Arqueoloxía da USC)
10:30 horas
DIMENSIÓN POLICIAL DO PATRIMONIO E ENCLAVES HISTÓRICOS
D. Luís M. García Mañá
(Xefe Superior de Policía de Galicia)
11:00 horas
O SEPRONA E O PATRIMONIO CULTURAL
Xavier Seoane
(Xefe de prensa da Comandancia da Garda Civil en Galicia)
12:00 horas
BASES PARA O RÉXIME XURÍDICO DE PROTECCIÓN E VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL GALEGO
D. Carlos Varela García
(Fiscal Superior de Galicia)
12:30 horas
PATRIMONIO MONUMENTAL E ARQUITECTURA TRADICIONAL
D. Manuel Caamaño Suárez
(Ex Profesor da Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña)
13:00 horas
MÚSICA E DANZAS RITUAIS GALEGAS CARA O SÉCULO XXI
D. Francisco Xabier Álvarez Campo (membro do Centro de Cultura Popular “Xoaquín Lourenzo” da Deputación Provincial de Ourense)
16:30 horas
PATRIMONIO MATERIAL ETNOGRÁFICO:ESTADO ACTUAL E PROPOSTAS A PROL DA SÚA CONSERVACIÓN, PROTECCIÓN E REHABILITACIÓN
D. Clodio González Pérez
(Etnógrafo)
17:00 horas
PATRIMONIO MARÍTIMO E FLUVIAL
D. Pablo Carreira López
(Director do Museo do Mar de Galicia)
17:30 horas
O PATRIMONIO RELIXIOSO
D. Miguel A. González García
(Arquiveiro da Catedral de Ourense)
18:00 horas
MUSEOS E ARQUIVOS EN GALICIA
D. Gabriel Quiroga Barros
(Subdirector Xeral de Arquivos e Museos da Consellería de Cultura)
18:30 horas
PATRIMONIO SUBACUÁTICO DE GALICIA
D. Eugenio Rodríguez Puentes
(Xefe do Servizo de Arqueoloxía)