Seguimos itinerando polos “Vieiros da memoria” de Luís Soto.

    “Vieiros da memoria” de Luís Soto.
    “Vieiros da memoria” de Luís Soto.

    Principiamos o mes de xaneiro do ano que andamos en Celanova coa descuberta dunha placa que dá o nome de Luís Soto a un camiño que comunica Celanova con Vilanova.

    Continuamos en Podentes (A Bola) onde o concello nomea a unha escola infantil co seu nome. Despois,e meses sucesivos, fomos celebrando actos nos concellos de Ramirás, Lobios e Muiños, nos que exerceu o seu maxisterio. En Tourém, o concello de Calvos de Randín, inaugurou un monumento na súa memoria e lembranza dos veciños daquel pobo que deron acubillo ao fuxidos pola represión da sublevación militar.

    O pasado día 2 no Campus de Ourense da Universidade de Vigo plantouse un carballo con clara alegoría á súa fortaleza ideolóxica; no interior da Facultade de Ciencias da Educación, descubreuse unha placa en homenaxe dos mestres pertencentes a ATEO, a asociación de mestres que na II República renovou a pedagoxía; e rematouse cunha mesa redonda na que participaron o presidente da Fundación L.Peña Novo, promotora dos Vieiros da Memoria, o vicerreitor da Universidade, Xosé Manuel Cid, vicedecano da Facultade, Sara Feixóo, sobriña do homenaxeado e Xurxo Martínez, seu biógrafo.

    Previous articleIV ASEMBLEA DA IRMANDADE DA SANIDADE GALEGA
    Next articleI. PARGA PONDAL VOLVE Á FACULTADE DE QUÍMICA

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here