É importante o compromiso individual que cada un faga da defensa da nosa identidade, e que tal fidelidade aos nosos valores culturais llelos transmitamos á familia e herdeiros. Este modelo de pedagoxía galeguista é o que promove a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia coa iniciativa “En galego,agora e sempre”. Hai ben anos que se vén realizando en moitas parroquias galegas. Recentemente foi na Entidade Local de Morgadáns, no concello de Gondomar (Pontevedra). Trinta e cinco persoas asinaron a Acta de Vontade, na que se inclúen desexos expresos de vivir e morrer en galego.