O Día da Galeguidade Empresarial, dedicado a Isaac Díaz Pardo e promovido polo Foro E. Peinador tivo este ano tres actos referenciais.
Un na Facultade de Economía e Empresa na Coruña coas intervencións nunha mesa redonda dos empresarios José Turnes (Progando), Cristina Codesido (Vermú Petroni), Xerardo García (Itelsis) e Camilo Díaz, fillo de Díaz Pardo e posteriormente a descuberta dunha placa que dá nome a unha aula naquel centro universitario.
O 26 de xaneiro, na cidade de Pontevedra erixíuse un busto de Isaac Díaz Pardo fronte a Facultade de Belas Artes da cidade. O presidente do Foro Peinador, o Reitor da Universidade de Vigo, o deputado provincial Santos Heitor e o Secretario Xeral de Política Lingüística, a Decana de Belas Artes e o fillo do homenaxeado participaron no acto.
O pasado venres, día 4 de abril celebrouse un novo acto tamén cunha mesa redonda protagonizada polos empresarios Xerardo García Alvela (Itelsis), Casíán García (Celtic Estores), José Montes (Presidente de Feiraco-Clun) e Camilo Díaz, fillo de Isaac na Facultade de Empresariais de Vigo.
Ao acto asistíu o Alcalde da cidade, Abel Caballero, Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, Ana González Crespán, Subdirectora da Escola e o Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, o Secretario Xeral de Política Lingüística e o Presidente do Foro Peinador Xosé González Martínez.
A partir de agora, unha placa co nome de Isaac Díaz Pardo da nome a unha aula desa facultade para que os alumnos teñan referencias de empresarios comprometidos co País tal e como se fixo o ano pasado con Enrique Peinador Lines.