Unha nova iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Asociación de Funcionarios para a Normalización levou ás comisarias e cuarteis da garda civil unha colección de contos titulada “Contos de agardar”. Nesta colección de relatos breves distintos autores imaxinan cadansúa anécdota para distribuír masivamente nas dependencias policiais de Galicia, coa finalidade de achegar os corpos de seguridade do Estado á cidadanía, facendo posible que a relación entre ambos se realice espontaneamente en lingua galega.
O acto celebrouse o día 27 de setembro de 2007 coa presenza de don José Luís Méndez Romeu, Conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Secretaria Xeral de Política Lingüística, dona Marisol López Martínez, don Carlos Varela, Fiscal Superior de Galicia, altos mandos do Corpo Nacional de Policía, Policía Autonómica e Garda Civil.