Presentación do Libro En galego, con toda seguridade

    Presentación do Libro En galego, con toda seguridade
    En galego, con toda seguridade
    En galego, con toda seguridade

    O 19 de abril de 2007 presentouse no Hostal dos Reis Católicos o libro “En galego, con toda seguridade” Presidiron o acto o Sr. Presidente da Xunta de Galicia, don Emilio Pérez Touriño, don José L. Méndez Romeu, Conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Presidenta do Parlamento de Galicia dona Dolores Villarino Santiago, don Manuel Ameijeiras, Delegado do Goberno en Galicia, don Carlos Vareala García, Fiscal superior de Galicia, e don Xoaquín Monteagudo Romero,Presidente da Asociación de Funcionarios opara a Normalización Lingüística, responsables dos mandos policiais en Galicia e unha nutrida representación deles, que ateigaban a Capela Real.
    “En galego, con toda seguridade”, recolle as opinións favorables ao uso da lingua galega de xefes policiais, pero tamén de moitísimos axentes locais. A esta nómina súmanse os alcaldes das vilas e cidades máis importantes de Galicia que tamén manifestan o desexo de que a nosa lingua sexa o código de comunicación das forzas e corpos de seguridade cos cidadáns. Un acto sen precedentes das comunidades autónomas con lingua propia, que tivo amplísima repercursión nos medios de comunicación galegos.

    Previous articlePresentacion do libro “Palabras da terra”
    Next articlePresentación dos libros: Contos de agardar

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here