Presentación da obra “Fermín Bouza Brey. Xuíz e Galeguista”

    Presentouse na Deputación de Pontevedra a biografía xurídica colectiva de Don Fermín Bouza Brey da que son coautores Clodio González Pérez, Xesús Palmou e Antonio Platas.
    O libro complétase cun estudo sobre a linguaxe xurídica da autoría de Anxos Sobriño. O libro foi presentado por Clodio González Pérez, a deputada provincial Begoña Estévez e o Secretario de Irmandade Xurídica Galega, Xosé González. Nesta obra recóllense, por primeira vez, documentos inéditos que demostran a crueldade con que foi tratado Bouza Brey polas autoridades gobernativas do franquismo. A persecución principiou inmediantamente despois da sublevación militar do ano 1936 en A Estrada onde exerceu a titularidade do Xulgado, e seguíu nos destinos posteriores nas Audiencias provinciais de Pontevedra e Oviedo. O autor da biografía presenta documentación ata agora inédita na que, por exemplo, acusaban a o xuíz Bouza Brey de pronunciar unha conferencia en Buenos Aires contraria ao réxime. Todo isto motivou o seu afastamento da carreira xudicial.

    Presentación da obra “Fermín Bouza Brey. Xuíz e Galeguista”
    Previous articleEducación e Ideoloxía en Ourense na IIª República
    Next articleInauguración do busto a Bouza Brey

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here