Presentación campaña “A Lingua no Padal”

    A lingua no padal
    A lingua no padal

    Despois de moitos anos consecutivos apelando á galeguización da etiquetaxe dos viños galegos, a convocatoria deste ano 2010 tivo por escenario as novas instalacións da adega Casal de Virmadeus, no concello de Cenlle (Ourense). Con esta son sete as campañas promovidas. En cada unha delas obsérvase unha progresión numérica das adegas que, convencidas do valor engadido que ten o uso da lingua galega na etiquetaxe, se incorporan a un proceso que en poucos anos nos situará  no 50% da galeguización do sector vinícola.
    O acto contou coa presenza de numerosísimos invitados que responderon ao chamamento que se lles fixo desde a AFNLG e o Foro Peinador para compartiren esta arela galeguizadora. Os que non puideron estar deixaron constancia do seu apoio á campaña coa súa sinatura na Declaración a favor da utilización da nosa lingua e do consumo de viños etiquetados en galego que foi presentada no acto; unha amplísima nómina de institucións, entidades públicas e privadas e cualificados representantes de distintas actividades profesionais.
    O Presidente do Foro E. Peinador, D. Xosé González Martínez, abríu a quenda de intervencións seguido pola do Presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, D. Xoaquín Monteagudo Romero. Tamén interviron no acto Don Carlos Varela García, Fiscal Superior de Galicia; Don Luís Manuel García Mañá, Xefe Superior de Policía de Galicia; Don Clodio González Pérez, etnógrafo, natural de Cenlle; Don Gumersindo Nóvoa, en  presentación da adega Casal de Virmadeus, o alcalde do Concello, don Manuel García Montero e o Presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Don Lois Anxo Rodríguez Vázquez.   Todos eles apoiaron a campaña presentada con intervencións que foron seguidas con interese polo numeroso público que atestaba o salón de actos da Adega.

    Previous articleSeminario sobre o patrimonio cultural de Galicia
    Next article85º Aniversario do Congreso de Economía de Galicia do ano 1925

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here