Pola Língua Galega no dereito

    Seguindo na liña iniciada hai anos, a Irmandade Xurídica Galega (I.X.U.G.A.) vén convocando a cada pouco en distintos lugares de Galicia, novos encontros de profesionais do Dereito coa finalidade de incorporalos ao proceso de galeguización xurídica.
    O pasado mes de setembro, en colaboración co concello da Estrada, levouse a cabo un novo acto no que avogados, procuradores, xuíces e funcionarios xudiciais se sumaron a este ambicioso proxecto regaleguizador da Administración de Xustiza. Cada vez son máis os operadores xurídicos que deciden apostar pola normalización da lingua galega na relación cos administradores e usuarios deses servizos profesionais, totalizando a maioría dos que exercen no partido xudicial da Estrada.

    Artículo anteriorIV asemblea da Irmandade Xurídica Galega
    Artículo siguientePola galeguización da sanidade

    Deixar comentario

    Please enter your comment!
    Please enter your name here