Medalla de Ouro do concello de Mondariz-Balneario ao Foro E. Peinador

    Coa lectura da acta que recolle o acordo plenario da corporación municipal concedéndolle ao Foro E.Peinador a Medalla de Ouro do Concello, principiou un acto emotivo no que pairaba por riba do sepulcral silencio da sala a memoria de Enrique Peinador Lines. Figura sobranceira da economía galega e do galeguismo político de comezos do século XX soterrada durante moitas décadas polo ignominioso desleixo do galeguismo político e cultural.

    Foi o Foro E. Peinador quen recuperou esta figura maltratada por historiadores e ideólogos do nacionalismo galego. Emerxeu grazas a un inxente labor de investigación sobre a súa biografía e obra, que rematou cunha densísima publicación de Ricardo Gurriarán Rodríguez publicada polo propio Foro.

    Peinador Lines, ao igual que outras personalidades relevantes, foi ignorada por aqueles que estiveron creando unha histria segada de Galicia incidindo unicamente nos protagonistas da creación literaria.
    Peinador Lines como Ramón Obella Vidal,fundador de Zeltia, que na década dos 50, morto o propietario do balneario, había ter a finca de Pías como un centro de experimentación agrícola, ali onde Peinador tivo unha granxa agrícola e o primeiro museo etnográfico privado de Galicia.

    Don Adolfo Carpitero secretario xeral do Concello leu a acta onde se conta estas e outras historias agora rescatadas para a historia do pensamento económico de Galicia.
    Con Peinador Lines reconstrúese o relato incompleto do galeguismo político e económico.

    Don José Antonio Lorenzo, autor da moción que a corporación municipal aprobou por unanimidade, parabenizou ao Foro E. Peinador e agradecéulle o labor realizado para recuperar a súa memoria e divulgala en Galicia.
    O señor director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia,don Ando Lorenzo, afondo una figura de Peinador eo xusto recoñecemento ao Foro que leva o seu nome.
    Agradeceu a concesión da medalla o presidente do Foro E. Peinador,Xosé gonzález Martínez.

    Previous articleReferenciarmos o futuro para vivir o presente
    Next articleHomenaxe a Xosé Fariña Jamardo