Luís Soto. Vieiros da memoria

    Luís Soto. Vieiros da memoria

    Despois de celebrarmos cadanseu acto en Celanova, onde se lle deu o seu nome a un camiño que une a Vila con Vilanova; Ramirás, onde tivo escola en Penosiños; A Bola, na parroquia de Podentes, lugar do seu nacemento, e Muiños, e Tourém, onde estivo agochado durante un tempo; o pasado día 19 de setembro celebrouse un novo acto en Lobios.

    En Buscalque,aldea hoxe asulagada polo encoro, tivo escola Luís Soto e nela tivo a oportunidade de poñer en práctica o seu modelo pedagóxico, que era o mesmo que compartían todos os mestres de Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense que el chegou a presidir durante un tempo. Ao pé da Casa do Concello nun xardín infantil descubríuse unha placa que lembra o seu paso por aquelas terras e nas que “impartíu ensinanzas que aínda hoxe florecen”. A seguir, celebrouse unha mesa redonda na que participaron a Alcaldesa do Concello, María del Carmen Yañez Salgado, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, o profesor da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid, Sara Feixóo Soto, sobriña do homenaxeado, e Xosé González Martínez, Presidente da Fundación Lois Peña Novo, entidade que promove o “Roteiro Luís Soto”.

    A Asociación Arraianos sumouse ao acto para nomear a Luís Soto “Arraiano Universal” , e a “Porta Treze “, Associaçiao Poética de Todas as Artes, que recibíu o galardón de “Arraiano Maior”.

    Co celebración deste acto a Fundación Lois Peña Novo percorre un itinerario vinculado ao labor pedagóxico de Luís Soto, que terá continuidade proximamente en Ourense, Castrelo de Miño e Mondariz, derradeiro destino profesional de onde partíu disfrazado de frade franciscano, camiño de Tourém, no que permaneceu algún tempo antes de reincorporarse a Valencia para seguir prestando servizos ao goberno republicano.

    Previous articleIII Asemblea da IRGADE
    Next articleDía da Galeguidade Empresarial

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here