Lingua de lei – Arzúa

    Proseguíndo cos actos que a Irmandade Xurídica Galega vén promovendo en moitos xulgados para conmemorar as primeiras sentenzas ditadas en lingua galegas nos respectivos órganos xurisdicional, o pasado día 25 tocoulle a quenda ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución  Único de Arzúa do que é titular a maxistrada dona María Isabel Suárez García. Abreu o acto o presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xoaquín Monteagudo, para explicar o sentido que teñen a celebración destes actos, facendo fincapé na necesidade de que cada vez sexan máis os operadores xurídicos que asuman con naturalidade o uso da lingua galega perante as instancias xudiciais. O letrado do Xulgado, don  Enrique González Iglesias, deu lectura á primeira sentenza ditada  no noso idioma pola titular do Xulgado. É de salientar as intervencións de dona María Jesús Iglesias, don Jesús Portos MOuriño, dona Flor Delgado Arranz e o decano do Colexio de Procuradores, don Alberto Concheiro. Rematado o acto descubríuse a placa conmemorativa no recibidor do edificio.

    Deixar comentario

    Please enter your comment!
    Please enter your name here