IV ASEMBLEA DA IRMANDADE DA SANIDADE GALEGA

    A aula Castelao, no emblemático edifico da Facultade de Medicina da USC foi o escenario onde se levou a cabo a IV Asemblea da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) na que 29 novos irmandiños e irmandiñas entraron a formar parte da mesma co compromiso de “seguir defendendo e utilizando a lingua galega na súa actividade profesional”.
    Tivemos a sorte de contar coa música de Roi Casal, novo membro da irmandade por mor da súa profesión como boticario, que estivo acompañado pola guitarra de Carlos Calviño e a fermosa voz de Silvia Ferre.
    Como vén sendo costume nas asembleas da ISAGA, homenaxeouse a unha personalidade senlleira da sanidade galega. Desta volta foi a título póstumo ao doutor D. Xosé Manuel López Nogueira, médico siquiatra autor de novidosos ensaios e achegas científicas. O profesor D. Xosé Carlos Bermejo e o doutor D. David Simón Lorda foron os encargados de facer a súa louva. Con anterioridade a ISAGA descubríu unha placa no seu recordó no edificio onde vivíu (núm. 35 da rúa Doutor Teixeiro). Foi a súa viúva a receptora do diploma como Irmandiño de Honra da ISAGA.

    Artículo anteriorDía da Galeguidade Empresarial
    Artículo siguienteSeguimos itinerando polos “Vieiros da memoria” de Luís Soto.

    Deixar comentario

    Please enter your comment!
    Please enter your name here