I. PARGA PONDAL VOLVE Á FACULTADE DE QUÍMICA

    I. PARGA PONDAL VOLVE Á FACULTADE DE QUÍMICA
    I. PARGA PONDAL VOLVE Á FACULTADE DE QUÍMICA

    Moitos anos despois de ser expedientado e expulsado das aulas universitarias polo réxime franquista, un busto de Isidro Parga Pondal realizado polo escultor José Molares e subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.  Estamos seguros que a partir de agora deixara de ser un descoñecido para o alumnado da Facultade de Química, porque o egrexio científico recibirá todos os días aos que entren no edificio. Esta foi a idea que tivo o Foro E. Peinador cando se propuxo recuperar a súa memoria e dedicarlle o Día da Galeguidade Empresarial, que foi completado coa publicación da primeira biografía do xeoquímico escrita polo historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez, a máxima autoridade nos estudos sobre a ciencia e a USC.
    No Salón de Graos da facultade celebrouse un acto académico no que interviron os reitores das universidades de Santiago e A Coruña, Conselleiro de Cultura Educación e O.Universitaria, Fiscal Superior de Galicia, presidente do Foro E. Peinador, e a decana da Facultade,como anfitrioa.
    O profesor Ricardo Gurriarán Rodriguez disertou sobre as virtudes científicas e humanas que adornaron a vida do investigador máis sobranceiro do século XX.
    O Presidente do Foro E. Peinador fixo fincapé na necesidade de galeguizar a economía con políticas lingüísticas que identifiquen as marcas comerciais cos nosos sinais de identidade, ao tempo que expresou a súa satisfacción pola “Declaración” que os reitores das tres universidades galega enviaron ás 100 empresas máis importantes de Galicia animándoos a incorporaren a lingua galega ás súas actividades.
    O acto contou coa presenza de varios empresarios que nas súas alocucións  anunciaron a galeguización das respectivas empresas: Feiraco, Asociación Galega de Empresas de Arqueoloxía, Ciaxa Rural Galega, Grupo Aurela e o adegueiro  do Ribeiro, José Felicisimo Pereira.

    Artículo anteriorSeguimos itinerando polos “Vieiros da memoria” de Luís Soto.
    Artículo siguienteAs raíces da lingua

    Deixar comentario

    Please enter your comment!
    Please enter your name here