I Asemblea da IRGADE

    Nos primeiros días do mes de xullo constituíuse na comarca vitícola do Ribeiro, na sede do futuro museo do viño de Galicia, a Irmandade Galega de Adegueiros.
    30 empresas do sector vitícola e 8 do sector agroalimentario asinaron a “Declaración de Sto. André” pola que se constituiron en Irmandade co compromiso de potenciar a utilización da lingua galega no exercicio da súa actividade profesional, como sinal de identidade e fidelidade ás orixes e como contribución á pluridiversidade cultural e lingüística da humanidade, recibindo cadansúa beca e diploma de pertenza á mesma de mans do Presidente do Foro E. Peinador, entidade promotora da IRGADE que vén traballando desde hai anos para restaurar o diálogo entre a economía e a identidade.
    A alianza entre o sector do viño e o sector agroalimentario, nomeadamente cos establecementos de distribución e comercialización, distinguirase pola identificación dos produtos cos valores patrimoniais de Galicia para achegarse aos consumidores. Nese sentido a presentación do promocional CONSUMOGUSTOS ETIQUETADOS EN GALEGO, pretende incentivar o consumo responsable dos nosos produtos de calidade.
    Numeroso público asistíu a este acto onde se nomearon irmandiños de honra, entre os que cabe destacar ao exportador de viños chinés, afincado en España, Feng Jiang quen se comprometeu a abrir mercado dos viños galegos no seu país e Antón Reixa, actual presidente da SGAE e figura de gran impulso mediático.
    Pechou o acto o Secretario Xeral de Política Lingüística quen valorou positivamente a creación desta nova irmandade que defende a lingua nun sector tan importante para a economía de Galicia asegurando que con iniciativas como ésta, o futuro da lingua está garantizado.

    Previous articleO Foro E. Peinador con Ourense
    Next articleTODOS POLO CONSUMO RESPONSABLE

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here