Celebrouse un Multiusos de Redondela o acto de homenaxe a Xosé L.Franco Grande, autor do diccionario que contribuíu decisivamente a que a lingua galega fose coñecida na súa grandeza por milleiros de rapaces e rapazas que desde o ano 1970 estudaron nas aulas a lingua galega grazas á coñecida lei palasí que incorporou ao currículo escola o coñecemento das por entón chamadas “linguas vernáculas”.
Asemade, por mor do influxo que o maio do 68 nas aulas da Universidade de Santiago de Compostela, o diccionario converteuse nunha ferramenta útil para normalizar o noso idioma en diversos aspectos da vida cultural e lúdica.
Máis tarde, coa instauración da Preautonomía (1978) e pos gobernos locais (1979), milleiros de funcionarios públicos foron avezados para os usos xurídicos e administrativos nos cursos de lingua galega co apoio do que por entón xa se lle chama ao diccionario “o Franco Grande”. Poucas veces na historia de Galicia, coincidindo cos movementos de rexurdimento cultural, tivo un dicionaria tanta transcendencia como o de Franco Grande.
Adiantándonos ao 50 aniversario da primeira edición, a Fundación L.Peña Novo coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e Concello de Redondela, adiantado da normalización lingüística , consideraron oportuno sobrancear o feito histórico desta publicación, cun acto público e a descuberta dunha placa nos xardíns do Paseo da Xunqueira.Participaron no acto académico o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; a profesora da Universidade de Vigo, María Camiño Noia Campos; Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística; Xosé Leal, deputado provincial de Cultura ; concelleiro de cultura de Redondela,Xabier Alonso, a sesenta alumnos dos institutos de Redondela, que portando cadanseu cartel cunha palabra escrita quixeron darlle á homenaxe puxéronlle énfase ao acto.
O acto foi presentado polo presidente da Fundación L. Peña Novo, Xosé González Martínez. Xosé Franco Grande, visiblemente emocionado, deullelas grazas ao oradores que o precederon no uso da palabra, e descubríu a placa que ten o seguinte texto:
GRATITUDE a Xosé L. Franco Grande, autor dun diccionario publicado en 1968, que nos fixo máis donos das palabras.