A Irmandade Xurídica Galega celebrou un acto máis para a galeguización do Dereito; foi en Ponteareas, en colaboración co Concello conmemorando o 115º aniversario do nacemento na Vila do xuíz e polígrafo Fermín Bouza Brey.
Ao pé do edificio dos Xulgado descubríuse unha placa conmemorativa lembrando a efeméride e salientando as cualidades humanas e intelectuais do xuíz demócrata e galeguista que por estas razóns foi represaliado polo réxime franquista.
A continuación, na Casa do Concello, tivo lugar un acto transcendental para a normalización lingüística no ámbito xurídico no que participaros os alcaldes de Mondariz, Mondaríz-Balneario, Covelo, A Cañiza, Salvaterra, Salceda de Caselas, Crecente, a As Neves e Arbo, que, xunto co de Ponteareas, asinaron a DECLARACIÓN DE PONTEAREAS que recolle o compromiso de galeguizar en as respectivas asesorías xurídicas, ratificada tamén tamén por once avogados e procuradores exercentes no Partido Xudicial.