A Cidade da cultura de Galicia acolleu a presentación da iniciativa promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia “Mil Festas máis para a lingua galega”. Esta nova proposta vén continuando o labor emprendido hai ben anos para levar a lingua galega aos ámbitos das festas e do lecer. A proposta é respaldada, unha vez máis, pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.