En galego, consumo gusto

    En galego, consumo gusto - Foro Peinador - 26/11/2009

    A convocatoria celebrouse en dúas sesións: unha, ao mediodía, na que unicamente participaron os empresarios convocados; a outra, pola tarde, aberta ao público, no Centro Cultural da Deputación Provincial. Na primeira sesión debatéronse as posibilidades de incorporar a lingua galega á empresa. A presenza na xuntanza dalgúns directivos de sociedades en proceso de galeguización foi importante para ilustrar aos demais dos pasos que foron dando na incorporación da lingua galega en aspectos como a rotulación, páxina web, convenios colectivos, nóminas, etc. Asemade, anunciarion que para dar cumprimento aos convenios asinados coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, no acto celebrado o pasado mes de xullo no pazo da Toxeiriña, están a preparar diversas accións.
    As empresas participantes foron: Aceites Abril, Adega Sameirás, Alimentos Amorodo, S.L., Anibal Blanco, Carbónicas Landeira, Cárnicas Fontefría, Celtic Estores, Construcións Extraco, Cooperativa Hoxe, Factorías Vulcano, Granitos Maceiras, Grupo Academia Postal, Improtec, Itelsis, Travibus Noroeste, Tuconsa.
    A Subdirectora Xeral de Política Lingüística expuxo as liñas das que dispón a Secretaría Xeral para apoiar a normalización lingüística na actividade empresarial e convocou a todos os presentes a asinar convenios de colaboración para levar adiante o proceso.
    Ás 17:30 horas celebrouse na Casa do Concello unha recepción aos empresarios e membros do Foro E. Peinador.
    Continuando coa proposta iniciada hai anos pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia de promover a etiquetaxe en galego dos nosos produtos, ás 19:30 horas celebrouse, no Centro Cultural da Deputación, un acto no que se presentou aos medios de comunicación unha escolma de produtos agroalimentarios etiquetados en galego así como unha campaña dirixida aos consumidores denominada “En galego, consumo gusto”. A finalidade desta campaña é alentar aos consumidores galegos na utilización dos nosos produtos con denominación de orixe e identidade: lácteos, bebidas carbónicas, augas, viños, conservas, aceites, cárnicas, etiquetados na nosa lingua como sinal de garantía de orixe. A igual calidade merquemos produtos etiquetados en galego.
    O acto estivo presidido por D. Carlos Varela García, Fiscal Superior de Galicia; D. Xosé González Martínez, Presidente do Foro E. Peinador; D. Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística; D. Casián García, de Celtic Estores; D. José Domínguez, de Factorias Vulcano; D. José Manuel Pérez Canal, de Aceites Abril e D. Xosé M. Sendín, de Cárnicas Fontefria que expuseron ao público a súa experiencia e consideracións con respecto da utilización da lingua.

    Previous articleDeclaración de Mondariz-Balneario
    Next articlePresentación Relatos da Paisaxe

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here