Un ano máis o cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño, no concello da Paradela, en Lugo, foi escenario dun acto de reafirmación da memoria lingüística de Galicia. En torno as 11:00 da mañá un nutrido grupo de nenos e nenas dos colexios limítrofes chegaron para ser testemuñas de excepción dun acto cunhas características moi singulares.
O Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia quere achegar á sociedade a necesidade de que a lingua galega debe ser a lingua de uso tamén para os actos fúnebres e aqueles que arrodean os momentos da extinción da persoa.
O lugar non foi escollido por casualidade, de feito este singular cemitero é o único en Galicia que ten todas as súas lápidas en lingua galega. Lembrar o legado daqueles que nos precederon e legaron a lingua é unha obriga que debemos seguir transmitíndolle aos máis novos. Por iso, desde a AFNLG e o concello da Paradela considerouse necesaria a presenza dos rapaces e rapazas, porque serán eles os que deberán velar nun futuro pola transmisión da lingua e da identidade do pobo galego.