A mañá estaba en Momán, no concello de Xermade, fresca de máis. Non choveu. Orballou por veces. O acto para celebrar o Día da Restauración da Memoria Lingüística tivo acubillo na igrexa parroquial de San Mamede ás once da mañá. Os asistentes quentaron o ambiente, porque tiveron que estaren pegados os uns aos outros; tal fora o éxito da convocatoria.A música tradicional fixo de combustible para que o ambiente fose grato. O entusiasmo da concorrencia reflextíase no sembrante dos presentes. Achegáronse ali,amais da xente da parroquia, outras persoas procedentes de latitudes ben afastadas. Este foi o caso do Delegado do Goberno en Galicia, a subdelegada en Lugo, e algúns alcaldes. A presenza do crego agoiraba o éxito da convocatoria. Ali onde o crego se involucra na celebración destes actos o éxito da convocatoria está garantida. Tamén a presenza do alcalde. A secretaria xeral do Concello, Cristina Varela Garcia, militante da Irmandade Xurídica Galega, foi a persoa que mobilizou a tanta xente. Pero tamén é importante salientar a esencia da convocatoria: render homenaxe aos defuntos atribuíndolles o mérito de manteren viva a cultura e a lingua galega e a transferencia aos seus herdeiros. Foi este o caso da familia de “Suso o Panadeiro”, unha persoa que tivo na parroquia unha actividade incensante: fundou unha asociación de veciños, constituíu un grupo de música tradicional, e puxo en pé unha feira. A Suso cambiouselle o epitafio da lápida que estaba escrita en castelán por outra en galego. A súa familia presente no acto, emocionada, recoñecéulle a súa bonomía e a condición de galegofalante.
Os presentes asinaro a Acta de Vontades. Na porta do cemiterio quedou posta unha lápida na que consta o agradecemento a todos os defuntos “porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”.