EN GALEGO, AGORA E SEMPRE 2011

    Promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) e o Concello de Pontevedra, celebrouse o pasado día 28 de outubro no Pazo de Mugartegui, outro acto máis que co rubro “En galego, agora e sempre” se viñeron celebrando en Galicia últimamente. Máis de oitenta pontevedreses asinaron a acta notarial de derradeiras vontades para asegurárense de que os actos do seu sepelio se fagan en lingua galega. Don Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra; don Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro; e don Benito Montero Prego, fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra, que actuou en nome da AFNLG, tiveron senllas intervencións apelando á responsabilidade individual dos galegos e galegas para garantirlle á nosa lingua máis espazos de uso social.

    Previous articleEN BERRES, TAMÉN EN GALEGO
    Next articleEn galego, agora e sempre en Macendo

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here