Empresa e identidade

    Empresa e identidade - Foro Peinador - 23/10/2009

    Ás 10.30 horas da mañá do día 23 de outubro de 2009 -venres- iniciouse a xornada EMPRESA E IDENTIDADE que o Foro Enrique Peinador levou a cabo, en colaboración co Concello da Estrada, na sala de Caixanova nese concello.
    O acto estivo presidido por D. Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia,  por D. Carlos Varela García, Fiscal Superior de Galicia,  polo Presidente do Foro Peinador, D. Xosé González Martínez,  pola concelleira de industria do Concello da Estrada, Dª. Montse Maceiras Vicente e polo Alcalde do Concello, D. José Aº Dono López.

    Abríuse a xornada co relatorio de don Xoaquín Lameiro, delegado en Galicia de IBM “Innovación, crise e transformación: A oportunidade de construír un planeta máis intelixente”. Don Luís García Mañá, Xefe Superior de Policía de Galicia disertou sobre “Seguridade e Empresa”.

    O director financeiro de Xesgalicia, don Xosé Manuel  Ortigueira Bobillo abriu unha terceira quenda de intervencións que tivo como protagonistas a don Xerardo García Alvela, director xeral de Itelsis; don Casián Garcia, director xeral de Celtic Estores; don José Domnínguez Álvarez, director financeiro do estaleiro vigués Factorias Vulcano e do Don Santiago Vázquez, director de recursos humanos de R Telecomunicacións, que abordaron nas súas respectivas intervencións a estratexia de comunicación que seguen as súas empresas e a incorporación da lingua galega ás diversas actividades empresariais. Todos os ponentes abordaron a identidade galega no tecido empresarial  como un feito diferencial que marca a denominación de orixe dos produtos así como a innovación tecnolóxica.

    Asistiron tamén á xornada, os irmáns Pérez Canal (Aceites Abril); D. Xosé Turnes (Progando); D. Francisco Novoa (Grupo Academia Postal); D. Antonio Cajide Gulín (Adega Sameirás); Dª Marisol López (Fegatur); Grupo Cortizo; D. Miguel Barros (Grupo San José); D. Tomás Casquero (Aclunaga); D. Xabier Monteagudo (Capital Energy); Asociación comarcal de empresarios da Estrada; Asociación de empresarios do Polígono de Todeo; D. Manuel Barcala (Travibús); Gasdoca, S.L.; Asociación de empresarios de hostelería da Estrada; D. Daniel García Vaquero (TIBA Internacional, S.A.); D. Julio López Villaverde (Arumia, S.L.); D. Eduardo Castro Taboada (Veiwtex); D. Manuel Pozo (Egatel); D. Xosé Xoán Barreiro Prado, Presidente da Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra;  D. Benigno Sánchez García, Inspector de Traballo; Dª Carme Pérez Vaquero da A. de Funcionarios, D. Lorenzo López, do Foro E. Peinador; D. Ricardo Gurriarán, historiador; D. Olimpio Arca, biógrafo de Ramón Verea entre outros.

    Pola tarde, no entorno da igrexa de Curantes-A Estrada, descubriuse un busto, obra do escultor José Molares, a Don Ramón Silvestre Verea, o inventor da calculadora. A seguir, na igrexa parroquial, presentouse o libro “Ramón Vera, inventor estradense”, do que é autor Olimpio Arca Caldas, coa intervención do profesor e historiador Ricardo Gurriarán e a participación da veciñanza da parroquia e outras colindantes.

    Previous articleDescuberta unha placa conmemorativa no edificio onde vivíu e morreu Ramón Obella Vidal
    Next articleDeclaración de Mondariz-Balneario

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here