A Asociación de Amigos do Couto Mixto asinou un acordo de irmandade cos representantes das Xuntas de Freguesía de Soutelinho, Cambedo e Lamas de Arcos, e os pedáneos das parroquias de Santiago, Rubiás e Meaus, xunto cos representantes das Cámaras de Montalegre e Chaves, e dos concellos de Calvos de Randín e Baltar. Tal acordo foi asinado o 23 de xuño de 2001 en acto público do que deron conta os medios de comunicación.
Este Acordo procuraba sensibilizar ás poboacións das entidades locais representadas para que xuntas demandasen das autoridades de Unión Europea medidas de protección ao abeiros das axudas para territorios transfronteirizos.