D. Américo Rodrigues na Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto
San Mamede de Grou-Lobios, 30 de setembro de 2023
No concello de Lobios, nomeadamente na parroquia de San Mamede de Grou, no entorno da celebración do II festival de música e cultura Xurés Son, celebrouse o acto de ingreso na Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto do profesor D. Américo Rodrigues. O seu discurso versou sobre aspectos do territorio de Castro Laboreiro e do Couto Mixto, espazos territoriais singulares na Serra do Xurés.
Américo Rodrigues é un profesor de informática, licenciado nas áreas de matemáticas e informática pola Universidade do Minho e membro fundador do Núcleo de Estudos e Pesquisa dos Montes Laboreiro onde se destaca pola recuperación da memoria histórica da solidariedade na raia entre Galicia e Portugal nos tempos da ditadura.
A Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto é unha iniciativa da Asociación de Amigos do Couto Mixto que tenta incorporar a esta nova entidade personalidades relevantes que cos seus coñecementos e estudos contribúan a crear a formación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, sen interferir nas competencias que son propias das institucións públicas estatais do Estado español, Portugal e as da Unión Europea. Considera a Asociación de Amigos do Couto Mixto que a cooperación da sociedade civil para alentar o proceso de consolidación do espazo que noutrora chamarase Gallaecia é imprescindible e complementaria.
A resposta ao seu discurso de ingreso foi por parte do Director da Academia D. Xosé Manuel Cid membro da A.A.Couto Mixto