Curar coa ciencia e a palabra

    A convocatoria da VIII asemblea da Irmandade da Sanidade Galega celebrouse en Vigo, porque nela morou o boticario Chano Piñeiro, figura que foi rescatada para ser proxectada ás novas fornadas de profesionais da sanidade,
    A convocatoria da VIII asemblea da Irmandade da Sanidade Galega celebrouse en Vigo, porque nela morou o boticario Chano Piñeiro, figura que foi rescatada para ser proxectada ás novas fornadas de profesionais da sanidade,
    Como vén sendo tradicional, a primeira parte da asemblea estivo protagonizada pola vintena de novos irmandiños que ingresaron desta volta nesta peculiar organización que quere levar a pedagoxía da galeguidade aos establecementos sanitarios do pais onde se está a producir unha disociación preocupante; por unha banda os profesionais da medicina nos que minguou o uso da lingua galega, e pola outra a maioría dos ususarios que son galegofalantes.
    Pablo Vaamonde García, coordinador Xeral da Irmandade da Sanidade Galega alertou aos asembleistas e públicos que nos acompañou para reconducir unha situación preocupante, alentando aos novos irmandiños a exerceren o maxisterio galeguizados nos seus postos de traballo. Incidíuse unha vez máis na importancia que ten a administración sanitaria no mantemento da lingua galega nos servizos, sinalándose o feito negativo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo onde o noso idioma apenas ten presenza, creando un microclima contrario á galeguidade que se lle presupón que debe ter o Sergas. Este feito foi denunciado tamén nunha interpelación parlamentaria da irmandiña e deputada no Parlamento de Galicia, Flora Miranda.
    A segunda parte da asemblea foi continuidade da homenaxe ao boticario Chano Piñeiro que principiara o día anterior ao pé do edificio onde vivirá. Ramón Ortiz de Galisteo,amigo do boticario e durante moitos anos xerente do Colexio Oficial de Farmacéuticos, fixo unha glosa da memoria de Chano, que foi ampliada por Francisco Rozados que a completou desde a perspectiva cinematográfica, actividade vocacional na que destacou.
    Nando Casal, boticario e músico do grupo Milladoiro, contemporáneo e amigo de Chano Piñeiro, salientou a súa brillantez como profesional e como persoa. Na mesma vertente fixo fincapé outro boticario,Francisco Coello, que representando ao Colexio Oficial de Farmacéuticos, lembrou a nenez de Chano en Forcarei.

    Previous articleChano Piñeiro, boticario e cineasta galeguista
    Next articleCONMEMORACIÓN DO DÍA DA GALEGUIDADE EMPRESARIAL