CONMEMORACIÓN DO DÍA DA GALEGUIDADE EMPRESARIAL

    A vila de Pontevedra foi o escenario escollido este ano polo Foro E. Peinador para celebrar o pasado día 26 o Día da Galeguidade Empresarial.
    Desta volta Isaac Díaz Pardo foi a figura escollida para facer fincapé un ano máis no discurso da galeguidade empresarial. Isaac Díaz Pardo foi un intelectual que uníu a esa faceta importante da súa a vida a de empresario creador da imaxe de Galicia con proxección internacional. O Grupo Sargadelos e Cerámicas do Castro foron as súas grandes obras ás que lles adicou a súa vida. As pezas artísticas que saírón daqueles obradoiros están hoxe na maior parte do mundo como mostra dunha Galicia con persoalidade de seu.
    Ás 12:00 horas inaugurouse un monumento da autoría do escultor J.Molares nos xardíns da Facultade de Belas Artes de Pontevedra cunha concorrida presenza de público, entre os que se atopaban admiradores e amigos do homenaxeado, e un grupo cualificado de empresarios do Foro E. Peinador.
    Nas quendas de intervencións, que abreu Xosé González, Presidente do Foro E. Peinador, participaron o alcalde don Miguel Anxo Fernández Lores; Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Carlos Varela García, fiscal da Fiscalía Superior de Galicia; Héctor Santos, deputado provincial; Maica Larriba, subdelegada do Goberno; Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística; Silvia García, decana da Facultade e Belas Artes, e os fillos do homenaxeado, Camilo e Xosé Díaz Arias.
    Todos eles abordaron as distintas facetas que adornaron en vida a Isaac Díaz Pardo.

    Previous articleVIII Asemblea ISAGA
    Next articleLingua de lei – Arzúa