Chantada, polo dereito

    A Irmandade Xurídica Galega levou a cabo un novo acto de reafirmación no galeguismo xurídico en colaboración co Concello de Chantada.

    Avogados, procuradores, xuíces de paz e tres xuízas comprometéronse publicamente ó exercicio da súa función en lingua galega coa finalidade de prestar un servizo público acorde cos fundamentos da IXUGA.
    Don Xoaquín Monteagudo Romero, presidente da Irmandade Xurídica, expuso cun argumento claro, os obxectivos utilizados para mobilizar ós operadores xurídicos no uso da lingua galega nos procedementos xudiciais.

    Don Carlos Varela García, Fiscal Superior de Galicia, fixo fincapé na normativa que ampara a utilización da lingua de Galicia nos instrumentos xurídicos e animou a todos a incorporárense a esta gran tarefa de asunción da lingua galega como lingua de uso nos procedementos.

    A titular do Xulgado Único de Chantada, dona Elvira Cangado, instou a avogados e procuradores a superar atávicos receos na utilización do galego nas actividades profesionais. A IXUGA louvou a súa decisión de promover este acto de galeguidade xurídica e entregoulle, por este motivo, a insignia de prata da Irmandade.

    Estiveron presentes no acto, mandos da Garda Civil e alcaldes do Partido Xudicial.

    O Alcalde do Concello, don Manuel Lorenzo Varela, deu por rematada a xornada agradecéndolle á IXUGA o escoller a Vila de Chantada para formalizar este novo compromiso xurídico, comprometéndose na utilización da lingua galega perante os órganos xurisdicionais a través do servizo xurídico municipal.

    Previous articleEn galego, agora e sempre en Macendo
    Next articleO intelectual Arturo Noguerol

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here