DÍA DA GALEGUIDADE EMPRESARIAL – BIOGA

    Desta volta a celebración desta data foi no Salón Nobre de Fonseca da USC. No histórico auditorio as 72 empresas aglutinadas en BIOGA (Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida),asinaron un documento de galeguización empresarial coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e Foro E.Peinador. Foron testemuñas de tal acordo o Sr. Reitor da USC, que presidíu o acto, o Secretario Xeral da Universidade da Coruña e a Vicerreitora de Comunicacións e Relacións Institucionais. Máis de corenta empresarios e representantes de institucións públicas  encheron o histórico auditorio universitario.

    Segundo o acordo asinado, as empresas de Bioga comprométense a iniciar un proceso de galeguización que inclúe a sinalética das instacións das industrias adheridas, convenio colectivo, nóminas do persoal, relacións coas institucións públicas,etc.

    O Sr. Reitor da USC salientou a importancia do acto ao incardinárense as empresas relacionadas coa ciencia na galeguidade. Carme Pampín, presidenta de Bioga, fixo fincapé na importancia que ten que a ciencia fale no idioma do país onde están asentada, comprometéndose a desenvolver distintas accións para que o convenio asinado se vaia plasmando nas empresas do Cluster. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de POlítica Lingüística puxo o seu departamento e medios ao servizo dese proceso galeguizador. Xosé González, presidente do Foro E. Peinador, tivo palabras de agradecemento para Bioga, e nomeadamente para a súa presidenta, por seren receptiva á proposta que se lles fixo de sumárense á amplo grupo de empresas que hoxe asumiron a galeguización nas relacións laborais e  etiquetaxe dos seus produtos. Carlos Aymerich,secretario xeral da UdC manifestou o apoio da súa Universidade a este proceso galeguizador.  Mónica Valderrama, vicerreitor da Universidade de Vigo, congratulouse da celebración do acto e as promesas dun futuro galeguizador.

    Previous article AS VOLTAS COA HISTORIA
    Next articleEn galego agora e sempre – Salceda de Caselas