AS VOLTAS COA HISTORIA

     AS VOLTAS COA HISTORIA

    Van aló 350 anos desde que Gabriel Feixóo Araúxo, que posiblemente fose notario en Tui, acudíu un día Caldelas de Tui para intermediar na liorta que os veciños tiñan cos portugueses da freguesía de Lapela. Aquela desputa orixinouse polo desacordo nos lances que uns e outros tiñan sobre da pesca do rio Miño. Os de Caldelas de Tui non estaban de acordo no número deles sentíndose agraviados. Como a tradición establecía que debería ser un, segundo costume que viña de vello e ao non se poñeren de acordo aquilo rematou mal e a paus. Aí é onde posiblemente intervíu Gabriel Feixóo. De volta á vila escribíu en verso o acontecido na ribeira do río, que rematou coa concordia dos miñotos dun e doutro lado. O relato caligráfico debeu andar perdido durante moito tempo. Co paso do tempo, non se sabe por que rematou na Biblioteca Nacional onde o descubríu Salvador Cabeza de León. Tivo que facer moitos esforzos para transcribilo, porque estaba escrito nunha letra moi miudiña. En 1953, edicións Monterrei que dirixía Xosé María Álvarez Blázquez editouno cun prólogo de Fermín Bouza Brey. Hoxe o colectivo Galeguizar Galicia reeditouno cun pormenorizo traballo filolóxico do catedrático Ramón Lorenzo e os prólogos do Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, institución que subvencionou a edición,  D. Xosé González Martínez, Presidente da Fundación Lois Peña Novo, e D. Luís García Mañá, Presidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

    Nas celebracións das festas de San Telmo levouse a cabo un acto no salón de plenos da casa do concello de Tui o día 12 de abril de 2021 no que participaron amais dos citados anteriormente a representante da Deputación Provincial de Pontevedra, Dª Noemí Outeda, responsable da Escola de Canteiros que foi que realizou o monolito conmemorativo que se descubríu para conmemorar ese 350 aniversario e que quedou chantado nos xardíns da rúa Ourense da vila tudense.

    Ao acto acudiron as alcaldesas de Tomiño e O Rosal asi como membros da Corporación municipal do concello de Tui, autoridades e outras persoas que coa súa asistencia  apoiaron e celebraron esta efeméride. Porque recuperar a historia é fundamental para sermos máis nós!

    Previous articleNO 80 CABODANO DO PASAMENTO DE ENRIQUE PEINADOR LINES
    Next articleDÍA DA GALEGUIDADE EMPRESARIAL – BIOGA