As raíces da lingua

    Nada é mái satisfactorio para o ser humano que sentirse dono dunha personalidade orixinal, forxada en actos singulares e protagonista do seu tempo; así como dunha utilidade que transcenda aos demais e asi mesmo.

    Este é o caso de don Ricardo Leirós Freire, don Claudio Movilla Álvarez e don Gonzalo de la Huerga Fidalgo, os maxistrados da Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña, que o 27 de marzo de 1985 ditaron a primeira sentenza en lingua galega despois de cinco séculos de proscrición.

    Todos os tres estarán para sempre na memoria dos galegos e galegas, e nomeadamente dos rendondeláns, do mesmo xeito que tamén está Mendiño, o autor dun único poema, coa proxección máis internacional que nunca acadou un redondelán.

    A Irmandade Xurídica Galega, Concello de Redondela e Secretaría Xeral de Política Lingüística conmemoraron o XXX aniversario da sentenza. Inaugurouse unha placa conmemorativa na fachada da Casa do Concello, e a seguir celebrouse un acto no que vinte avogados asinaron a chamada “Declaración de Redondela” comprometéndose a utilizar a lingua galega nas súas actividades profesionais. Os dous xuíces do Partido Xudicial de Redondela, Maria del C. Rodríguez Alonso e Miguel Seixo sumáronse á celebración anunciando a súa dispoñibilidade para que o proceso da regaleguización xudicial sexa un feito nos seus xulgados.

    Deixar comentario

    Please enter your comment!
    Please enter your name here