A Xustiza fala galego na Fonsagrada dende hai 25 anos

    A Xustiza fala galego na Fonsagrada dende hai 25 anos
    A Xustiza fala galego na Fonsagrada dende hai 25 anos

    Despois de vintecinco anos ininterrompidos de actividade xudicial en galego, a Irmandade Xurídica Galega e o Xulgado da Fonsagrada convocaron un acto para celebrar tan dilatado período de tempo de normalización lingúística.

    Este feito histórico, sen precedentes, é mérito de todos os funcionarios e funcionarias que foron pasando polo Xulgado, e nomeadamente dos xuíces Xoán Montes, Alberto Benéitez, Luís Villares e Eladio Portela, que fixeron facer do idioma oficial da totalidade dos veciños do Partido Xudicial o idioma oficial dos procedementos procesuais.

    O acto contou coa presenza de moitos veciños que acudiron á praza situada fronte ao edificio xudicial , onde se celebrou o acto, e de profesionais do dereito procedentes de distinto lugares de Galicia.

    Daniel do Pando e María Xosé Fernández puxeron a nota musical coa lectura de varios poemas acompañados do virimbau, instrumento de percusión bocal propio daquelas terras buronesas.

    O acto foi conducido por Antía González Álvarez que foi dándolles as palabras aos devanditos xuíces, profesor Gómez Segade, mestre de case todos eles, a Xoaquín Monteagudo Romero, presidente da Irmandade Xurídica Galega, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística e a Argelio Fernández, alcalde do Concello.

    Previous articleVIII Asemblea da Irmandade Xurídica Galega
    Next articleIV Asemblea da IRGADE

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here