A RESTAURACIÓN DA MEMORIA DE FLORENCIO, CEGO DA FONTANEIRA

    A RESTAURACIÓN DA MEMORIA DE FLORENCIO, CEGO DA FONTANEIRA

    “En galego, agora e sempre”

    Pasou toda a súa vida percorrendo feiras e romaxes cantando romances da súa autoría aos que lle puña música de violín, instrumento habitual nas súas actuacións neses escenarios populares.

    Florencio, “O cego da Fontaneira”, como era coñecido popularmente, finou en 1986. Ata entón e desde moi neno, véuse obrigado a vivir das esmolas que lle daban as xentes que acudían ás feiras e romarías ao escoitar os seus cantos de romances que relataban sucesos de todo tipo. O seu repertorio é amplísimo e foi recollido por Mini e Mero e tamén por Pablo Quintana. Os que xa temos algúns anos recordamos a Florencio nunha célebre entrevista que lle fixera o gran comunicador, Xosé Blanco Campaña, que por entón dirixía o programa na TVG “Ruada”.

    Florencio forma parte da historia xograresca de Galicia. Grazas a todos eles a lingua galega pervivíu en tempo escuros. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG), o Colectivo Egeria, o Concello de Baleira e a Xunta de Galicia, celebraron no cemiterio d´A Fontaneira un emotivo acto de restauración da memoria de Florencio colocando no nicho onde dorme o sono eterno unha lápida recoñecéndolle os moitos méritos por manter viva a tradición oral. Tamén na porta do cemiterio colocouse outra placa na que queda constancia a gratitude para todos os que ali repousan “porque grazas a eles e elas Galicia segue ter cultura e lingua de seu”.

    Interviron no acto Alfonso Riveiro, director do xornal “El Progreso”, natural da Fontaneira e Julio Fernández Pin, que contaron anécdotas vividas co homenaxeado. Tamén tiveron quendas de intervención Xosé González en nome da AFNLG, Xulio Xiz, representando ao Colectivo Egeria, o Alcalde de Baleira e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. 

    Mini e Miro, acompañados dunha zanfona, interpretaron coplas de cego e un grupo folclórico de Baleira interpretou melodias galegas acompañados por instrumentos tradicionais. Emotiva foi a presenza de vintecatro nenos e nenas dun colexio público do Cádavo, que formaron parte do público asistente asi como máis dun cento de persoas que seguiron o acto con inusitada atención.

    Previous articleDeclaración de Pontevedra
    Next articleO legado de Daniel García Ramos: un facho para o futuro do galego na xustiza