Ti tes a palabra. Consume en galego!
Cando escollemos produtos etiquetados en galego, estamos facendo moito máis ca consumir, estamos defendendo unha economía propia, recoñecendo o valor das persoas produtoras que apostan pola nosa lingua na etiquetaxe dos seus produtos de calidade como sinal de identidade propia, estamos a reforzar o uso social do galego onde debe estar: na vida cotiá.
Porque o futuro do galego constrúese coa suma das pequenas decisións persoais. Porque o consumo consciente e responsable é unha ferramenta poderosa para facer que a nosa lingua sexa cada día máis visible na sociedade.










