Galicia vista polo dereito

    Galicia vista polo dereito

    No ano 2007 organizáronse unhas xornadas xurídicas dirixidas a alumnos de dereito da Universidade de Vigo que se celebraron no Castelo do Concello de Castro Caldelas os días 29, 30 e 31 de outubro. Asistiron como ponentes personalidades da categoría de D. Cándido Conde Pumpido, Fiscal Xeral do Estado; D. Perfecto Andrés Ibáñez, Maxistrado do Tribunal Supremo; D. Ramón Villares Paz, Catedrático de Historia contemporánea da U. Vigo e Presidente do Consello da Cultura Galega; D. Xosé Antonio Martín Pallín, Maxistrado do Tribunal Supremo; Carlos Varela García, Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; D. Xosé Benito Reza Rodríguez, Director Xeral de Conservación da Natureza; Xosé Manuel Beiras Torrado, etc…

    En colaboración coa Consellería de Xustiza e a Secretaría Xeral de Política Lingüística inaugurouse un monumento en homenaxe aos tres xuristas caldeaos, figuras en torno a quen xiraron as xornadas xurídicas: Claudio Movilla, Casado Nieto e Orencio González.

    Con motivo deste acto editouse o libro “ARREQUECER A ENDEITA: antoloxía de 3 homes do dereito” que foi entregado a todolos participantes das xornadas, alumnos, ponentes, público en xeral así como distribuido a través do Concello de Castro Caldelas, polos colexios, institutos, albergues, veciños, etc… da comarca, co que pretendemos espallar a mensaxe galeguizadora destes 3 homes do dereito e os fundamentos da nosa Asociación na sociedade en xeral, consideramos que emitindo unha mensaxe de normalización de uso do galego con forza a fixación é moito maior.

    No ano 2008, en colaboración co Concello de Vigo, inaugurouse un monumento en lembranza do maxistrado D. Orencio Pérez González na praza situada fronte o edificio dos xulgados vigueses. Previamente, no salón de actos do Colexio de avogados de Vigo, celebrouse un acto académico no que interviron o Decano do Colexio, D. Alfonso Álvarez Gándara, o Xefe Superior de Policía de Galicia, D. Luís Manuel García Mañá, o Fiscal Superior de Galicia, D. Carlos Varela García, o Presidente da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, D. Xosé Xoán Barreiro Prado, o Secretaria Xudicial, D. Rosalino González Serodio e o Presidente da A. de Funcionarios, D. Xoaquín Monteagudo Romero. Con este motivo editouse o libro“Orencio Pérez González: a vocación galeguista dun xuiz”.

    Previous articleColleita 2007. Máis Galega
    Next articleSeminarios Lei Política Lingüística

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here