A lingua galega non só é un medio de comunicación que utilizamos para entendérmonos, é o distintivo máis elemental do noso pobo e da nosa cultura, e expresármonos nela incorpora un trazo de singularidade que nos sitúa nun mundo homoxéneo. O documental Galeguismo Empresarial: economía e identidade, fai un percorrido desde unha visión histórica ata hoxendía, recollendo a visión de empresarias e empresarios que xa utilizan o galego na publicidade e etiquetaxe das súas empresas, pero tamén coa visión institucional do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.