Curso “ALVARO DAS CASAS E OS SEUS TEMAS: MOCIDADE, ESCEA, GALEGUISMO, ECOLOXIA, ….”

    Alvaro das Casas
    Alvaro das Casas

    Os días 16, 17 e 18 de outubro de 2003 tivo lugar un novo curso organizado pola Asociación Alvaro das Casas, en colaboración co Vicerrectorado de Planificación e desenvolvemento do Campus de Ourense e coa Facultade de Ciencias da Educación. Con colaboración da Excma Deputación de Ourense e de varios Concellos da bisbarra. Duración: 30 horas. Prazas: 150.

    PROGRAMA:
    XOVES, 16 DE OUTUBRO.
Casa da Cultura de Ribadavia
    09,30h. Inauguración

    10.00h. “Educación, asociacionismo e mocidade nos tempos de Alvaro das Casas”
Xosé Antonio Caride Gómez. Universidade de Santiago.
Presenta: Xosé Manuel Cid Fernández. Decano da Fac. de Educación

    11.00h. “A mocidade Galega nos anos trinta: Os Ultreia. Vivencias persoais”
Xaime Illa Couto.
Presenta: Avelino Pousa Antelo. Presidente da Fundación Castelao.

    12.00h. Descanso.

    12.30h. “As publicacións literarias na Galicia dos anos trinta”
Modesto Hermida García. Inspector de ensino da Xunta de Galicia.
Presenta Francisco Nóvoa Rodríguez. Director Grupo Academia Postal.

    15,30h. Saída para Esposende.

    15,45h. Visita ó pazo dos Ulloa.

    16.00h. Saída para Moldes (Boborás) e Trasalba (Amoeiro). Visita ós lugares de Losada Diéguez e Otero Pedraio, “Os mestres e amigos de Alvaro das Casas”

    18.00h. “O cine galego: evolución, situación actual e problemática”
Ponente: José Luis Castro de Paz. Universidade de Vigo
Presenta: Xosé González Martinez. Presidente da Fundación Premios da Crítica.

    19,30h. “Álvaro das Casas, poeta, antólogo e estudioso da poesía galega”.
Ponente: “Luís Girgado”. Membro do Instituto Ramón Piñeiro.
Presenta: Avelino Muleiro García. Presidente da asociación Álvaro das Casas.

    VENRES, 17 DE OUTUBRO.
Casa da Cultura de Ribadavia
    09,30h. “O teatro galego: evolución, situación actual e problemática.”
Ponente: Rubén García. Director da Mostra de teatro de Rivadavia.
Presenta: Manuel Mora y Cayetano. Historiador.

    11,00h. Descanso.

    11,30h. “As artes escénicas en Galicia: autores, actores e obras teatrais galegas”
Ponente: Rosa Álvarez, Manuel Vieites, Fernando Dacosta.
Presentan: Luís García Mañá, escritor e comisario xefe de policía de Ourense, e Álvaro López Mira, profesor de Facultade de Humanidades en Pontevedra.
    Casa da Cultura de Allaríz.
    15,30h. Saída para Allariz.. Visita á Fundación Risco.

    16,00h. “Nacionalismo e agrarismo na IIª República”Ponente: Raul Soutelo. Profesor de Ensino Medio e Historiador. Presenta Xosé Carlos Sierra. Director do Museo de Rivadavia

    17,30h. Descanso.

    18,00h. “As artes escénicas: Autores, productores, actores e filmes galegos.”
    Proxección  de “A lingua das bolboretas”
    Mesa redonda: Miguel Anxo Fernández, José Luis Cuerda, Uxía Blanco.
    Presenta: Xoán Rúa Prieto. Notario do Carballiño.

    SABADO, 18 DE OUTUBRO.
    Ridimoas

    09,30h. Saída para Ridimoas. Visita guiada con intervencións dos profesores:
    Clodio González Pérez. Mestre e etnógrafo.
    “Pegadas etnolóxicas na comarca do Ribeiro”.
    David Rodríguez Barra. Biólogo.
    “Historia e experiencias de Ridimoas”
    Xusto del Oso Moreda. Biólogo.
    “A flora do Ribeiro”.

    12,30h. “A protección do patrimonio natural”.
    Xosé Benito Reza. Escritor e funcionario da consellería de Medioambiente.
    Presenta Xosé María Fonseca Moretón. Empresario.

    13,30h. CLAUSURA E ENTREGA DE DIPLOMAS.

    Next article“Encontros coa tradición: conversas no Ribeiro”

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here